Son moitos os exemplos de uso con GoogleMaps no ensino, e cada vez é máis común a súa utilización polo noso alumnado. Pero GoogleMaps presenta algunhas restriccións no seu uso: non permite descargar mapas enteiros, imprimilos, corrixir camiños ou toponimias, etc.
OpenStreetMap si oferta estes servizos. Trátase dunha inciciativa aberta, mantida por miles de persoas voluntarias. Ofrece mapas e datos xeográficos gratuítos a quen os precise. Merece a pena provalo.
Podemos exportar mapas en múltiples formatos ou crear enlaces que podemos insertar no noso espazo web.
Enderezo: http://www.openstreetmap.es/presentacion/
Fonte: Chema (a través de Google+)




Hoxe vos presento un material moi interesante deste grandioso soporte que é a web 2.0.