Curso aberto de JClic Queridos amigos e compañeiros. Desde a Aula Virtual de SITEO.ORG podedes dispoñer de acceso ao curso de formación sobre a creación de actividades con JClic. Preme aquí para acceder: Aula virtual SITEO.ORG: JClic
Información sobre JClic: JClic está formado por un conxunto de aplicacións informáticas que serven para realizar diversos tipos de actividades educativas: quebracabezas, asociacións, exercicios de texto, palabras cruzadas... As actividades non se acostuman a presentar illadas, senón empaquetadas en proxectos. Un proxecto está formado por un conxunto de actividades e unha ou máis secuencias que indican a orde na que se teñen que amosar. O antecesor de Jclic é Clic, unha aplicación que dende 1992 foi empregada por educadores de diversos países como ferramenta de creación de actividades didácticas para os seus alumnos. Jclic está desenrolado na plataforma Java, é un proxecto de código aberto e funciona en diversas entornas e sistemas operativos.