Este domingo pola mañá, fomos dar una paseo nas bicis de montaña Xosé Luis, Ricardo, Pablo Nimo e mais eu.
Como sempre foi moi divertido pero nesta ocasión, ademais, fixemos un vídeo do evento.
Aquí queda o enlace para quen queira velo.
Un saúdo.
Este domingo pola mañá, fomos dar una paseo nas bicis de montaña Xosé Luis, Ricardo, Pablo Nimo e mais eu.
Como sempre foi moi divertido pero nesta ocasión, ademais, fixemos un vídeo do evento.
Aquí queda o enlace para quen queira velo.
Un saúdo.
Noteflight é un editor de partituras moi interesante, é gratuíto coa única restrición de non ter mais de 10 partituras on-line, e ten a calidade suficiente como para preparar os traballos do alumnado nel.
Teremos que darnos de alta para poder utilizalo. Para quen queira utilizar a versión de pago, dicir que non ten ese límite de 10 partituras.
Outra funcionalidade que non ten a versión gratuíta é a de imprimir as partes por separado, pero sí permite, en cambio, facer unha exportación en formato MIDI, MusicXML ou Wav. Desta maneira, podemos utilizar esta música cun secuenciador (podemos utilizar samplers para reproducir a música), cun editor de partituras diferente, ou simplemente cun programa para reproducir audio.
O mais interesante, desde o meu punto de vista, é que podemos traballar co alumnado sen ter que instalar nada no ordenador, que podemos utilizar a potencia de programas profesionais para mellorar os arquivos producidos na clase de música, etc.
Tamén podemos elaborar exercicios de lectura e escritura que poden ser reproducidos, completados, ou mesmo compostos polo propio alumnado na aula de informática, ou mesmo insertar en moodle a partitura, o arquivo midi, ou ambos.
Moi interesante.
Dende fai un tempo, e grazas a Xosé Luís, temos un aula virtual no noso centro educativo.
Como sabedes, son titor dun grupo de terceiro ciclo de primaria.
Eu xa levaba un tempiño traballando co alumnado en "edmodo", e tiña a idea de organizarlles os contidos que traballamos na clase doutro xeito. Necesitaba dispor dun contenedor para organizalos por áreas e unidades didácticas. Tamén me interesaba que as programacións de aula estivesen relacionadas no mesmo contenedor para darlle coherencia a todo. Deste xeito ocurríuseme preparar un curso en moodle por cada área, no que estivesen alomenos algúns materiais dos que utilizo nas clases habitualmente, e algunhas tarefas que ha de facer o alumnado para fixar os contidos que se traballan, indispensables para acadar o axeitado grao de adquisición das diferentes competencias básicas. Así mesmo, foi creado un perfil de profesor non editor, para que calquer compañeiro do centro teña acceso aos materiais, e poda levar adiante unha clase no caso de ter que faltar.
Aínda estamos nese proceso, pero o alumnado está a responder moi ben. Gústalles moito a aula virtual e disfrutan de facer traballos nela.
Xa irei contando en posteriores entradas un pouco mais polo miúdo en qué consisten as actividades que estamos a desenvolver.