Blog de Ricardo

Martes, 20/Dec/2011 | 22:12

Recén chegada ao meus coñecementos, e xa penso que será imprescindible.

Se alguén traballa, por sorte ou desgracia, coa shell de GNU/Linux, entón non pode deixar por alto a shell terminator, ten que probala.

A través do botón dereito do rato (menús contextuais) e tamén atallos de teclado permite distribuir nunha mesma pantalla da consola varias, de tal xeito que horizontalmente e verticalmente podes is agregando consolas á consola principal. Xa digo, moi útil, se por sorte ou desgracia tedes que traballar a baixo nivel con comandos.

E sí, tamén permite abrir lapelas.

En fin, moi recomendable. Eu creo, que no meu caso, xa imprescindible.

32
2
Martes, 20/Dec/2011 | 22:03

Queria recomendarvos a seguinte ligazón: Curso Formación Profesorado: Ref. X1101003: Simulación de redes locais con máquinas virtuais impartido, por dous fenómenos: Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez, onde podedes atopar información moi interesante, moi ben estruturada, secuenciada e documentada dese curso de Platega.

Seguro que a alguén parécelle interesante.

20
Luns, 19/Dec/2011 | 18:12

Ola a todos,

pois sí, voar é posible, o malo, é que non estamos afeitos, e polo tanto xa vos podedes imaxinar como pode ser a aterrizaxe (para maior entendemento ver: Saída 06/12/2011). Dou fe, que aprender aínda non cheguei a aprender, máis intenteino, e como, bo ser humano, intenteino 2 veces, caíndo de novo na mesma pedra..., bueno na mesma non sería, pero doía como se fose.

O mellor de todo, a emoción de comezar a voar, un vese no aire e parece que está flotando, pero claro, sen horas de voo, como vai ser a aterrizaxe, uffff. Daquela, os segundos, convértense en milisegundos, os milisegundos en microsegundos e os micro en nano, etc. Un espera que nunca remate ese voo suave, lixeiro é á vez enérxico, esa visión espectacular dende o aire do terreo, esa forma de deslizarse plácidamente polo aire, esa paisaxe de toxos típica galega, ese silveiral, ese desprazamento livián esperando sacar os brazos para que a aterrizaxe sexa a máis suave posible e non se note a pose no chan, en definitiva, ese ostión que me vou meter que nunca chegue.

E claro, nese magnífico voo un ten tempo de rememorar a súa infancia, aquela caída dun amigo nun silveiral e aqueles 20 minutos intentándoo sacar do mesmo, aquel choque doutro amigo ao romperlle os frenos contra unha tremenda parede, aquel sentimento, de aí miña nai, que ostión me vou comer. 

Pero ao final, todo chega, e un pensa, vou deixarme caer na lona coma os campións do boxeo, rebotando, repenicando un pouquiño a cabeza, ladeada e a poder ser ver en camara lenta como a sudor dispárase da frente para chegar ao terreo.

Que dicirvos, esta sensación é inesquecible e aconséllovos que a probedes algún día.

Sen máis, esperando que repitades as miñas deliciosas sensacións despídome de vós ata outra, compañeiros.

Saúdos.

PD: Os meus agradecementos aos compañeiros Nanín, Pablo Nimo, Raúl e Xosé Luís, pola axuda recibida logo das compricadas maniobras de aterrizaxe.

40

Arquivo Blog Ricardo

Etiquetas

RSS

RSSiteate ao blog de Ricardo