Con motivo da chegada ás aulas dalgúns centros educativos do Kit de Aula Dixital estiven facendo algunhas probas no CEIP A Igrexa-Calo, xa que Mari, profe de 5º A, está de estreo cun destes Kits.
A idea inicial era a de instalar Debian squeeze (6.0.2.1) no equipo portátil, xa que esta distro é tamén a que se emprega na Fase II do proxecto Abalar (curso 2011-2012).
Para a miña sorpresa, unha vez instalado o sistema operativo e instalado tamén o software de Smart Notebook 10, o rato non se movía no encerado. Todo indicaba que as conexións estaban ben efectuadas, xa que a luz verde estaba encendida, desde o menú de diagnóstico o encerado estaba OK... pero o rato non ía.
Tamén me atopei con outro problema xa que a WIFI do equipo, un Acer TravelMate 6593, tampouco estaba operativa. É moi probable que se teña que actualizar algún driver, e aínda que esta tarde estiven na casa buscando información pola rede, non atopei forma de solucionalo.
Así que, ante o intento desafortunado, optei por tirar por outro entorno máis coñecido para min. Instalei openSUSE 11.4 con Gnome. Unha vez instalado o sistema, e actualizado, o que aconteceu foi que o tema WIFI quedou solucionado, pero o que non puiden foi instalar o software da SMART. Incluso probei coa versión anterior do Notebook 9, pero nada, Chega un momento en que a instalación se detén e non tira.
Despois dete novo fracaso, volvín a intentalo con openSUSE, pero esta vez coa última versión: 12.1. O problema agora veu pola versión do Kernel xa que o software de SMART está preparado para a versión 2.6.x, pero openSUSE 12.1 monta xa o kernel 3.1.0-1.2, polo que tiven que renunciar tamén a realizar unha instalación en openSUSE.
E xa que nin Debian nin openSUSE, pasei a realizar a instalación en Edubuntu, versión LTS 10.04.